Sobre este proyecto
Mostrar listado de necesidades
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Gastos impresión primeiro número.
Impresión e envío de 150 exemplares do primeiro número.
|
€ 700 | |
Gastos impresión segundo número.
Impresión e envío de 150 exemplares do segundo número.
|
€ 700 | |
Gastos de xestión
Comisións das transferencias, custos de Paypal e xestión de Goteo.
|
€ 200 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Gastos presentación.
Presentación pública da Revista Mazarelos
|
€ 200 | |
Total | € 1.600 | € 1.800 |
Información general
Entre as pedras da vella cidade de Santiago, un grupo de estudantes de Historia decidímonos a comezos de ano a dar vida a Mazarelos: unha plataforma onde publicar artigos históricos e doutras Ciencias Sociais afíns. O incremento de colaboracións fixo posible chegar a un público maior, o cal non deixou de medrar dende que arrancamos. Apoiándonos no compromiso co rigor histórico e a lingua galega, queremos lanzar aos quioscos galegos unha revista en papel que impulse a difusión da Historia na nosa lingua dun xeito independente e sexa un lugar para a publicación de novos enfoques e novas correntes. Unha Historia actual, científica e rigorosa á vez que didáctica e asumible para todo o mundo.
Descripción del proyecto. Características, fortalezas y diferenciales.
O primeiro número da Revista Mazarelos contará cunha estrutura semellante a esta:
- Unha entrevista a unha personaxe da actualidade.
- A colaboración dunha invitada ligada ao mundo das Ciencias Sociais e á Historia.
- Un pequeno texto sobre un persoeiro destacable na inmersión lingüística do galego.
- Catro artigos referentes á historia local de Galicia. Ex: A «fronte interior» na comarca do Ribeiro (1936-1937). Estudo e análise das represalias económicas na vila de Ribadavia de Mateo Martínez Torres.
- Dous artigos de temática artístico-cultural. Ex: Señores e serventes no Museo Pazo de Tor de Clara Reigosa Lombao.

Motivación y a quién va dirigido el proyecto
Un dos obxectivos que nos marcamos é lograr unha difusión a través das redes sociais que faga chegar o que escribimos a un público amplo e diverso. Perante a noción da Historia como memorización de datas e persoeiros, cremos que o coñecemento histórico é moito máis que unha sucesión de capítulos inflexibles, onde o investigador/a se converte nun mero narrador. A nosa intención é eliminar falsas crenzas a través dunha divulgación que permita formular novas preguntas e novas respostas. Así, queremos acompañar a nosa labor en internet e redes sociais coa publicación dunha revista en papel. Nela presentaremos contidos máis amplos que os que adoitamos publicar na páxina e cos que intentaremos poñer o noso gran de area tanto na investigación como na difusión de coñecemento.
Outra das nosas motivacións, como novos historiadores e historiadoras que somos é ofrecer un espazo para quen queira publicar as súas indagacións ou reflexións.
Kiko Novoa entrevistounos no programa Galicia por diante da Radio Galega no mes de xuño, na seguinte ligazón podedes escoitar o podcast completo: http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-11-06-2019-4136192
Experiencia previa y equipo
O proxecto de Mazarelos estivo conformado, inicialmente, por estudantes de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Non obstante, o paso do tempo fixo que a nosa pequena familia fose aumentando día a día. Coa intención de poder mellorar rexistramos Mazarelos como asociación sen ánimo de lucro no Rexistro Central de Asociacións. Nos nosos estatutos recollemos como fins da asociación a difusión de contidos históricos en lingua galega, a promoción da lectura de historia e a axuda a xoves historiadores. A publicación dunha revista en papel vai en sintonía con estes obxectivos marcados, e tan só precisamos a túa axuda para darnos impulso.
Na ligazón inferior poderaste informar de tódalas persoas que conformamos Mazarelos, ademais das colaboracións nacionais e internacionais:
http://www.mazarelos.com/sobre-mazarelos/


Compromiso social

Crear cultura
Queremos sacar adiante unha revista de ámbito histórico, fomentando a inmersión cultural e o compromiso lingüístico co galego.