Homenaxe á Coluna Sanfins

Imagen de cabecera
Ver video
Financiado el 13 / 01 / 2017
Cofinanciado!
Obtenido
€ 1.160
Mínimo
€ 1.110
Óptimo
€ 1.720
42 Cofinanciadores
Canal
  • Aportando € 5

    Agradecemento na web

    Agradecemento na web

    > 03 Cofinanciadores
  • Aportando € 10

    Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» sen envío postal

    Agradecemento na web + Libro «Breve História da Coluna Sanfins». Poderá ser recollido en calquer local da CNT galega ou o día do evento (30 de outubro, Lousame).

    > 07 Cofinanciadores
  • Aportando € 15

    Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal.

    > 09 Cofinanciadores
  • Aportando € 30

    Pack de 3 libros con envío postal

    Agradecemento na web + Pack de 3 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».

    > 09 Cofinanciadores
  • Aportando € 50

    Pack de 5 libros con envío postal

    Agradecemento na web + Pack de 5 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».

    > 06 Cofinanciadores
  • Aportando € 100

    Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 6 persoas

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins, para grupos de até 6 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo pequeno en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 200

    Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 20 persoas

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins para grupos de até 20 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo mediano en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 300

    Palestra sobre a Coluna Sanfins na túa localidade

    Especial agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Unha das persoas realizadoras do libro ofrecerá unha palestra na túa localidade (a persoa/asociación cofinaciadora deberá habilitar local e medios e será dentro de Galicia) coa temática da Coluna Sanfins.

    > 00 Cofinanciadores

Unha loita pola liberdade, armada coa dinamita das minas de San Finx

05 | 11 | 2016

Imagen:

Lousame rendeu homenaxe a unha xesta histórica, a do levantamento obreiro de 1936

 

ribeira / LA VOZ 31/10/2016 05:00

Xullo de 1936. Nos primeiros días do golpe de estado que desencadeou unha sanguinolenta guerra civil no Estado, na freguesía de Vilacoba (Lousame) xestábase un combate pola liberdade. Uns douscentos obreiros de San Fins uníronse para fronte ao avance fascista. Armáronse de valentía e da dinamita que empregaban no traballo nas minas para plantar cara a unhas tropas profesionais equipadas para o combate e con formación militar. Escribíase deste xeito un capítulo épico da historia non moi coñecido e, 80 anos despois, un grupo tivo a ben rescatala da desmemoria en homenaxe a unha xesta esquecida e digna de ser recordada.

O movemento de resistencia da chamada Coluna Sanfins, partiu de Lousame cara A Coruña, formando unha columna de camións e autobuses blindados e cargados con explosivos procedentes da mina. Ao seu paso, foron recrutando a máis combatentes a medida que avanzaban por Noia, Santiago e Ordes.

«A Coluna partía das minas formada por moitos traballadores das mesmas, pero tamén había unha boa parte de labradores que naquel entonces formaba parte do sindicato agrario da CNT», conta Joám Evans Pim, membro da directiva da Sociedade Histórica e Cultura Coluna Sanfins que, xunto co grupo de Memoria Histórica da CNT impulsa un proxecto para recuperar ese pasaxe do pasado recente na comarca.

«Hai moitísimo por sacar á luz», recoñece. Foi o ano pasado cando comezaron a traballar con este empeño e onte, finalmente, poñían unha pedra mestra sobre a que seguir reconstruíndo a historia. Un monumento popular de aproximadamente un metro de altura, en forma de monolito, elaborado polo canteiro Fernando Nantes, foi descuberto diante do que foi o local sindical da CNT no ano 1936 nas minas de San Fins, que tras a guerra pasaría a funcionar como escola.

Acto de lembranza

Este primeiro acto de lembranza completouse cun coloquio, a presentación dun libro sobre a Coluna Sanfins, unha comida campestre e unha ruta literaria polo complexo mineiro. «A nosa intención e que isto non quede nun aco puntual e darlle continuidade nunha romaría que se repita ano tras ano no mes de xullo, coincidindo co aniversario dos feitos», indicou Evans Pim.

Sobre o traballo documenta a historia da resistencia mineira, titulada Breve historia da Coluna Sanfins o representante da asociación lousamiana sinalou que se contou cun importante punto de partida. «Houbo un traballo de investigación moi importante nos anos noventa que fixo e publicou o Xerardo Agrafoxo sobre a historia de Lousame e Noia durante a Guerra Civil e serviu, entre outras cousas, para recoller moitos testemuños de xente que xa non está viva e que de outra forma se haberían perdido», sinala.

Para quen se pregunte como acabou a historia da Coluna Sanfins, seguramente intuirá a estas alturas que non tivo, en boa parte dos casos, un final feliz. A valentía non foi escudo suficiente para os combatentes do movemento de resistencia de Lousame e a súa comarca. Moitos deles acabaron presos, cando non represaliados, perseguidos ou mortos. Tanto os mineiros protagonistas da xesta como a propia veciñanza do concello foron vítimas dunha brutal represión nos meses posteriores.

Algúns dos que conseguiron pasar á zona republicana, acabarían formando parte de outros batallóns de renome que lembran os libros de historia. Para outros, a saída foi o exilio. Pero o certo e que o seu papel na Coluna axudou a cubrir a retagarda da xente que fuxía polo porto de Muros.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/10/31/traballo-prol-da-recuperacion-da-memoria-historicaspan-langglunha-loita-pola-liberdade-armada-coa-dinamita-das-minas-san-finxspan/0003_201610B31C8991.htm

Comentarios

Inicia sesión para dejar un comentario