Homenaxe á Coluna Sanfins

Imagen de cabecera
Ver video
Financiado el 13 / 01 / 2017
Cofinanciado!
Obtenido
€ 1.160
Mínimo
€ 1.110
Óptimo
€ 1.720
42 Cofinanciadores
Canal
  • Aportando € 5

    Agradecemento na web

    Agradecemento na web

    > 03 Cofinanciadores
  • Aportando € 10

    Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» sen envío postal

    Agradecemento na web + Libro «Breve História da Coluna Sanfins». Poderá ser recollido en calquer local da CNT galega ou o día do evento (30 de outubro, Lousame).

    > 07 Cofinanciadores
  • Aportando € 15

    Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal.

    > 09 Cofinanciadores
  • Aportando € 30

    Pack de 3 libros con envío postal

    Agradecemento na web + Pack de 3 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».

    > 09 Cofinanciadores
  • Aportando € 50

    Pack de 5 libros con envío postal

    Agradecemento na web + Pack de 5 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».

    > 06 Cofinanciadores
  • Aportando € 100

    Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 6 persoas

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins, para grupos de até 6 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo pequeno en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 200

    Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 20 persoas

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins para grupos de até 20 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo mediano en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.

    > 00 Cofinanciadores
  • Aportando € 300

    Palestra sobre a Coluna Sanfins na túa localidade

    Especial agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Unha das persoas realizadoras do libro ofrecerá unha palestra na túa localidade (a persoa/asociación cofinaciadora deberá habilitar local e medios e será dentro de Galicia) coa temática da Coluna Sanfins.

    > 00 Cofinanciadores

Sanfins homenaxea a Coluna da liberdade

05 | 11 | 2016

Homenaxe á Coluna SanfinsNo pasado domingo, día 30 de outubro, Sanfins recebeu a merecida homenaxe que o grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza, xunto con Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins», organizaba para resgatar este feito histórico de resistencia ao golpe militar fascista de 1936.

A xornada comezou cunha palestra no antigo local sindical da CNT en que participaron Xerardo Agrafoxo, Pepe Sendón, Joám Evans Pim, Lorena Cuevas e Eliseo Fernández que ofreceron ás e aos asistentes unha imaxe xeral do que foi a Coluna Sanfins, a súa repercusión e importancia no contexto galego da organización obreira do sindicato mineiro.

Homenaxe á Coluna SanfinsDestacaron personalidades recoñecidas pola súa importancia no movimento obreiro, como Henrique Fernández, Claro Sendón ou Ramón Varela «Curuxás» así como toda unha rede anónima de solidariedade que permitiu no rural galego, non só a existencia de resistencia durante décadas, mais tamén de accións ofensivas contra determinados obxectivos do rexime fascista. Tamén tivo especial destaque o papel das mineiras no proceso de usurpación de terreno comunal do viciños por parte do estado e das empresas, chegando até aos nosos días.

Lorena Cuevas e Eliseo Fernández apresentaron o libro «Breve historia da Coluna Sanfins» editado pola CNT Galiza e a campaña de crowdfunding para o financiamento do monumento popular Homenaxe á Coluna Sanfinsen memoria das persoas que non dubidaron en organizarse e saír ao combate corpo a corpo contra o fascismo e pola liberdade.

Xa no exterior, ao pé do antigo local sindical da CNT, tivo lugar o descubrimento do monumento dedicado aos integrantes da Coluna, cunhas breves palabras de compañeiros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (lugar onde combateron con tropas regulares) e da Barbança, da representante do Concello que facilitou o espazo para a instalación do monumento e do grupo de MH da CNT Galiza, que enfacitou o exemplo de organización dos mineiros de hai 80 anos.

Homenaxe á Coluna SanfinsO acto continuou coa participación musical do grupo Nota Bene, de Redondela, que ofreceu aos e ás asistentes un variado repertorio para dar paso á romaria no Chan das Minas.

Para finalizar a xornada, o roteiro libertario guiado por Joám Evans mostrou aos e ás participantes os lugares máis importantes do contexto mineiro e sindical, que de literario podería ter só o carácter «épico» da loita, da solidariedade e da resistencia.

O grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza, xunto coa SHC Coluna Sanfins, pretende, organizou esta homenaxe no oitenta aniversario dos feitos e pretende que esta cita sexa de carácter anual.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/2008

Comentarios

Inicia sesión para dejar un comentario