SÓ QUEDAN 4 DÍAS para que finalice o crowdfunding e xa temos os dedos sen unllas e os nervios acompasados ás agullas do reloxo na conta atrás.
Neste sprint final cara ao #DelasFest 2020 hoxe queremos agradecer a Antía Pousa e ás demais compas de Xeracción S. Coop Galega, entidade ourensá referencial na intervención social con perspectiva comunitaria e de xénero, ás súas agarimosas verbas e azos en forma de doazón!
Segue o exemplo! Deixa a túa pinga de apoio na caudal de fondos para financiar o festival. Somos xa 330 co-financiadoras comprometidas cun proxecto baseado na igualdade, a cultura crítica e os valores e fins da economia social!